Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026
A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026. Nesta convocatoria, o 16 de febreiro abriuse a inscrición para cinco cursos en liña centrados no voluntariado ambiental interxeracional, aos que agora se engaden outros doce cursos da área de voluntariado e dez da área de xuventude.
Estrutura do plan formativo 2026
O programa deste ano inclúe:
- 4 cursos presenciais
- 19 cursos en liña
- 4 cursos en modalidade mixta (dous deles con horas presenciais e outros dous telepresenciais)
En total, ofértanse 1.920 prazas.
Área de voluntariado
Os cursos destinados ao voluntariado buscan ofrecer ferramentas básicas e prácticas tanto ao persoal técnico das entidades como ás persoas voluntarias, actuais ou futuras. Ademais da formación esencial en materia de voluntariado, nesta edición abórdanse temas como:
- Voluntariado ambiental
- Uso da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado
- Educación emocional e habilidades sociais
- Apoio psicosocial
Área de xuventude
A formación diríxese a profesionais do lecer educativo e do tempo libre, persoal técnico que traballa con mocidade e tamén á propia xuventude. Os contidos inclúen:
- Deportes náuticos
- Comunicación e resolución de conflitos
- Aplicación da IA
- Inclusión no lecer
- Formación para persoas delegadas de protección da infancia e adolescencia
Requisitos de participación
Poderán inscribirse persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir coñecementos especializados en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, sempre atendendo ás condicións específicas de cada curso.
As prazas asignaranse por orde de inscrición, seguindo os criterios establecidos.
Inscrición e acceso ao campus
Os formularios de inscrición —un por cada acción formativa— estarán accesibles no campus en liña da web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org). Nesta edición establécense dúas quendas de apertura:
- Cursos programados entre marzo e xuño: os formularios poderán cubrirse a partir das 09:00 h do luns 9 de marzo.
- Cursos previstos de setembro a decembro: a inscrición abrirase ás 09:00 h do martes 1 de setembro e manterase dispoñible ata esgotar as prazas.
En ámbolos dous casos os formularios permanecerán abertos ata completar as prazas.
Para acceder á plataforma:
- O alumnado xa rexistrado deberá introducir o seu nome de persoa usuaria e contrasinal para formalizar a matrícula.
- As persoas que accedan por primeira vez deberán crear unha conta antes de solicitar a inscrición (o manual do alumnado está dispoñible no propio campus).
📌 Información adicional necesaria
No momento de cubrir a inscrición é importante indicar:
- Se se pertence a unha entidade de acción voluntaria, de lecer educativo ou de tempo libre.
- Se se posúe titulación oficial de monitorado de tempo libre.
Estes datos deben incluírse no apartado “outros datos” do perfil da persoa usuaria.
Cuadro dos cursos do Plan de Formación 2026
| Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026 | |||||||
| Área | Título | Número de Prazas | Horas | Lugar de realización | Modalidade | Datas de realización e horarios | Persoas destinatarias |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional nas accións fronte ao cambio climático | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de marzo ao 2 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional na prevención de residuos (VAPIR) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de marzo ao 15 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional na loita contra os incendios forestais | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de marzo ao 23 de abril | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Xuventude | Comunicación efectiva e bo trato no tempo libre | 50 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 23 de marzo ao 13 de abril | Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade |
| Xuventude | Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre | 25 | 24 (20 en liña+4 presencial) | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago | Mixto | Do 6 ao 27 de abril Sesión práctica a elixir entre: Venres 5 de xuño sábado 6 de xuño Horario: de 10:00h a 14:00h |
Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade |
| Voluntariado | Aplicación da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado | 100 | 24 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 7 de abril ao 7 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional en ríos (VAIR) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 15 de abril ao 15 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional na defensa do coidado do litoral | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 20 de abril ao 20 de maio | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Xuventude | Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: vela e windsurf | 15 | 60 | Albergue Xuvenil As Sinas | Presencial | 30 de abril, 1, 2, 3, 8, 9 e 10 de maio Xoves 30 de abril: 16.00-21.00 Venres 1, sábado 2 e domingo 3 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 Venres 8 de maio: 16.00-21.00 Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 |
Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Voluntariado | Actuacións do voluntariado na rexeneración de montes queimados | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de maio ao 2 de xuño | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado | 100 | 25 (15 en liña+10 telepresencial) | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | Mixto | Do 4 de maio ao 4 de xuño | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Iniciación aos deportes náuticos no eido do tempo libre: caiac e paddlesurf | 20 | 25 | Albergue Xuvenil As Sinas | Presencial | 8, 9 e 10 de maio Venres 8 de maio: 16.00-21.00 Sábado 9 e domingo 10 de maio: 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 |
Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Xuventude | Formación para persoas delegadas de protección da infancia e da adolescencia no ámbito do tempo libre | 25 | 24 (20 en liña+4 presencial) | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego + Centro Don Bosco Santiago | Mixto | Do 11 de maio ao 1 de xuño Sesión práctica a elixir entre: Venres 5 de xuño sábado 6 de xuño Horario: de 10:00h a 14:00h |
Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade |
| Voluntariado | Curso de voluntariado. Nivel básico | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 18 de maio ao 18 de xuño | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Atención e apoio psicosocial no voluntariado | 100 | 30 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 25 de maio ao 25 de xuño | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Resolución de conflictos en grupos xuvenís | 30 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 1 ao 22 de xuño | Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade |
| Voluntariado | O desenvolvemento de competencias socioemocionais na acción voluntaria | 25 | 12 | Centro Coordinador de Información Xuvenil- Santiago de Compostela | Presencial | Do 8 ao 11 de xuño De 16:30h a 19:30h | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Oratoria. Cómo falar en público | 25 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 7 ao 28 de setembro | Mocidade de 16 a 30 anos |
| Voluntariado | A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de setembro ao 16 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 | 30 | 30 | Plataforma de teleformación de FAXPG | En liña | Do 17 de setembro ao 22 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas | 100 | 30 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 21 de setembro ao 21 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico | 50 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 28 de setembro ao 19 de outubro | Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Voluntariado | Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado | 100 | 25 (15 en liña+10 telepresencial) | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | Mixto | Do 13 de outubro a 13 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 19 de outubro ao 9 de novembro | Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade |
| Voluntariado | Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de outubro ao 23 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Curso de voluntariado. Nivel de especialización de carácter xenérico | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de novembro ao 16 de decembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Ferramentas de comunicación | 25 | 3 | Lugar por determinar | Presencial | Datas por determinar | Mocidade de 16 a 30 anos |




Comments