Un asesor xurídico no Concello de Oleiros
O obxecto desta convocatoria é cubrir, con persoal funcionario interino para a execución de programas de carácter temporal, unha praza de Asesor/a Xurídico/a, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase técnica superior, subgrupo A1.
As condicións das persoas aspirantes poderán consultarse na ligazón ás bases en detalle.
O novo prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/10/2026_0000001364.html




Comments