Ir o contido principal
actividade cultural

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais no Concello de Ames

Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións, destinadas a promover actividades das asociacións culturais do Concello de Ames, que se desenvolvan durante o exercicio 2026.

Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais que realicen actividades de índole cultural existentes no Concello de Ames que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos que aparecen nas bases.

O prazo para presentar as solicitudes será de 30 DIAS NATURAIS a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase prorrogado ata o inmediato hábil seguinte.

Máis información e detalles aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/11/2026_0000001406.html

Comments