Ir o contido principal
teatro

CURSO DE CREACIÓN E DRAMATURXIA

Compartimos convosco a segunda formación intensiva teatral do 2026, neste caso, o CURSO DE CREACIÓN E DRAMATURXIA das Artes Escénicas do Movemento, impartido por Arturo Bernal @escueladeteatroarturobernal

📅11 de Abril de 11 a 15h e de 16:00 a 19:00h
📍 Laboratorio Escénico Coop

A dramaturxia do movemento é aquela que parte do corpo como motor da creatividade e do xogo dramático. Abordaremos a creación escénica apoiándonos no espazo baleiro, a acción e o evento. Un teatro físico, de xesto preciso; que abordará os temas propostos polo alumnado desde a forza da imaxe, desde a beleza ou a fealdade, a narración inconsciente, lineal ou abstracta, desde estruturas que potencian o instintivo ou atopan outra lóxica.

👉🏼Reservas: formacion@laboratorioescenicocoop.com

Comments