Ir o contido principal

Bolsa para brigada de obras no Concello de Brión

Bases e convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para a prestación de servizos básicos municipais, financiado pola Deputación Provincial da Coruña, a través do programa PEL Concellos.

Os requisitos xerais e específicos deberán manterse en todo momento ata o final da relación laboral con este Concello.

As solicitudes acompañaranse coa documentación que acredite as condicións mínimas esixidas nesta convocatoria e dos méritos alegados polo aspirante, nas oficinas municipais (Rexistro xeral do Concello de Brión, de luns a venres (de 9:00 a 14:00 horas), ou en calquera das formas que sinala a Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez (10) días naturais dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/16/2026_0000001517.html

Comments