Ir o contido principal
monitor

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Bergondo

A Escola de Tempo Libre “Fervenza” organiza un curso de formación para obter o título de monitor/a de actividades de tempo libre no concello de Bergondo.

Requisitos

  • Persoas interesadas en formarse no eido da educación no tempo libre e a animación sociocultural.

  • Cumprir cos requisitos de acceso establecidos na normativa vixente para as titulacións de tempo libre en Galicia.

Datas e Metodoloxía

O curso impártese cunha metodoloxía mixta (presencial e en liña) cun total de 200 horas:

  • Inicio: 21 de marzo de 2026.

  • Final: 30 de maio de 2026.

  • Formación presencial (110 h): Impartirase no Local de Xuventude de Bergondo (animación, técnicas, educación ambiental e primeiros auxilios).

  • Formación a distancia (90 h): A través da plataforma Google Classroom (psicosocioloxía, educación para a saúde e organización).

Solicitudes

As persoas interesadas deberán contactar coa escola organizadora ou co Concello de Bergondo para formalizar a inscrición e consultar a dispoñibilidade de prazas.

Máis información

  • Lugar: Local Xuventude de Bergondo. Aldea San Isidro s/n, 15.165 Bergondo (A Coruña).

  • Teléfonos de contacto:

    • 981 791 252 (Concello de Bergondo)

    • 651 921 380 (Director do curso)

    • 606 321 636 (Director da Escola)

  • Web

Comments