Dous auxiliares administrativos no Concello de Porto Do Son
É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade de dúas (2) prazas de persoal funcionario de carreira de AUXILIAR ADMINISTRATIVO correspondente ao Grupo C, Subgrupo C2, escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Porto do Son do ano 2024.
Os requisitos xerais e específicos dos aspirantes deberán de conservasrse ata o final da relación entre este Concello e o traballador.
O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello, ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Porto do Son (https://portodoson.sedeectronica.gal)ou por calquera dos procedementos que prevé a Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de VINTE (20) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado ( BOE).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/16/2026_0000001493.html




Comments