Ir o contido principal

Un xefe de réxime interior no Concello de Cambre

É obxecto da presente convocatoria a elaboración polo procedemento de oposición dunha relación de candidatos mediante oposición para a cobertura dunha praza de funcionario/a interino/a de xefe/a de unidade de réxime interior, encadrado na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as, pertencentes ao subgrupo “A2” cando se dean as circunstancias que legalmente o permitan.

Para ser admitidos neste proceso selectivo será necesario cumprir as condicións xerais e específicas que nas bases en detalle se indican.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria xunto coas súas bases no Boletín Oficial da provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/18/2026_0000001601.html

Comments