Ir o contido principal
I Certame de Teatro Amador Concello de Arteixo

I Certame de Teatro Amador Concello de Arteixo

O Concello de Arteixo convoca o I Certame de Teatro Amador

Poderán participar compañías ou asociacións que conten cun grupo de teatro amador, independentemente da súa procedencia. As compañías interesadas poderán presentar as obras que desexen, sen límite de temática ou xénero.

Os espectáculos seleccionados programaranse no Auditorio do CCC de Arteixo Manuel Murguía, no formato de entrada gratuíta ata completar o aforamento.
As datas dispoñibles para a representación dos espectáculos seleccionados serán os sábados 31 de maio e 7, 14, 21 e 28 de xuño de 2025. O primeiro sábado de xullo, día 05, terá lugar a gala de entrega dos premios.

Premios:
- Premio directo a cada unha das 5 compañías seleccionadas 400 €
- Premio amArte ao mellor espectáculo para o público 500 €
- Premio amArte ao mellor espectáculo para o xurado 500 €

O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de marzo de 2025
Máis información no BOP da Coruña do 18 de febreiro de 2025

Comments