Intercambio cultural España-Alemaña
Rapaces/as🗣....... imos informarvos de dous planazos para este verán💯.
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Asociación Alemá de Albergues (DJH) propoñenvos:
💬 Un intercambio cultural España-Alemaña
-
Trátase dun intercambio xuvenil no que 10 mozos/as de Alemaña convivirán con 10 mozos/as de España. Durante esas dúas semanas haberá sesións para debater e reflexionar sobre a cultura e a identidade, e actividades lúdicas. Os seleccionados estarán do 10 ao 17 de agosto en Alemaña (Frankfurt, Mannheim e Mosbach) e do 18 ao 25 de agosto (Barcelona, Benicàssim e Valencia). O programa é gratuíto agás o transporte de ida e volta.
-
Requisitos:
.Ter entre 18-26 anos
.Ter nivel suficiente de inglés para comunicarse.
.Ter gañas de coñecer outras culturas e participar activamente.
💬 Foro de mozos/as en Oslo
A Asociación Alemá de Albergues organiza o programa FUTURE OF EUROPE, un foro no que mozos/as de distintos países convivirán durante unha semana debatendo sobre o futuro de Europa, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Metas Xuvenís.
O encontro será en Noruega (Oslo e Steinsholt) do 1 ao 8 de xullo de 2026.
Participarán mozos/as de 18-26 anos de Alemaña, Francia, Portugal, Letonia, Noruega e Polonia.
O programa é gratuíto agás o transporte de ida e volta.
-
Requisitos:
.Ter 18-26 anos
.Nivel de inglés suficiente para comunicarse.
.Curiosidade por coñecer outras culturas e participar activamente.
🤚 Ambos:
Prazo de solicitude para participar: 31/03/2026
Solicitudes:
https://reaj.com




Comments