Ir o contido principal
monitor

A Coruña acolle un novo curso oficial de monitor/a de tempo libre con formación mixta entre abril e xuño

Formato e duración

  • O curso consta de 200 horas teórico-prácticas
    • 110 horas presenciais
    • 90 horas en liña mediante videoconferencia
  • Inclúe ademais unha fase práctica de:
    • 14 días en campamento ou
    • 150 horas en entidade de tempo libre

Lugar de celebración

  • C/ Castrillón 8 baixo, 15009 – A Coruña

Calendario

  • Inicio: 25 de abril (sesión presencial)
  • Desenvolvemento: fins de semana
    • Sábados: sesións presenciais (mañá e tarde)
    • Domingos: sesións en liña ás 11:00 h (agás o 28 de xuño, presencial)

Requisitos

  • Ter 18 anos cumpridos
  • Dispoñer como mínimo do título de ESO

Inscrición e documentación
As persoas interesadas deberán enviar por correo electrónico:

  • Ficha de inscrición asinada
  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia da titulación académica
  • Foto tamaño carné
  • Xustificante de pagamento

📩 Envío a: escolagalegatl@gmail.com

Prazas

  • Máximo de 25 participantes, por orde de inscrición

Prezo e descontos

  • Cota total: 285 €
    • 145 € na matrícula
    • 70 € antes do 4 de maio
    • 70 € antes do 4 de xuño
  • Desconto: 240 € se se aboa antes do 10 de abril

Inclúe material, formación e xestión de prácticas e título (taxas oficiais non incluídas).

Programa formativo

  • Psicosocioloxía
  • Lexislación
  • Animación e xogos
  • Saúde
  • Aire libre
  • Educación ambiental

Comments