Ir o contido principal

Nigrán convoca unha bolsa de emprego para psicólogos/as

O Concello de Nigrán aprobou as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego destinada á provisión temporal de postos de traballo de psicólogos/as, segundo se recolle no Decreto da Alcaldía 2026-0552, do 10 de marzo de 2026.

Esta bolsa corresponde á escala de administración especial, subescala técnica, encadrada no subgrupo A1, e ten como obxectivo cubrir necesidades temporais de persoal neste ámbito profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e deberá realizarse conforme ao establecido nas bases reguladoras.

O texto íntegro das bases poderá consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal:
👉 https://nigran.sedelectronica.gal

Comments