Ir o contido principal
uvigo santander-proxectos

Santander X Spain Award 2026-Proxectos Emprendedores

A Universidade de Vigo convoca os Premios Santander X Spain Award 2026, Proxectos Emprendedores co obxectivo de desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado a través do recoñecemento e fomento a nivel nacional de iniciativas emprendedoras xurdidas na Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo concederá tres premios que consistirán:

- Nunha achega económica para o desenvolvemento da solución emprendedora de 2.000 € que será aboada á persoa solicitante. O importe está suxeito á retención do IRPF establecida na lexislación tributaria.

- Acceso directo ao premio nacional "Santander X Spain Award | University 2026", previa inscrición no mesmo, onde as persoas gañadoras de todas as universidades poderán competir entre elas e obter exposición a nivel nacional, así como a oportunidade de conseguir unha serie de beneficios adicionais, tanto económicos como en especie, segundo a convocatoria específica do premio.

- Difusión dos proxectos gañadores nas redes sociais e webs do Grupo Santander, onde se incluirá unha mención co nome dos membros do equipo, a descrición do proxecto, así como os seus logotipos e accesos á súa páxina web e redes sociais.


Requisitos.

- Un membro do equipo debe estar matriculado ou recén titulado (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) de grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.

- O/a estudante ou recén titulado/a debe ter residencia legal en España.

- Tamén poderán formar parte do equipo persoas que teñan a condición de profesorado universitario, persoal investigador predoctoral ou posdoutoral, empregado/a ou persoal funcionario da Universidade de Vigo ou que teñan participado nalgún programa de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo.


Requisitos dos proxectos.

- Proxectos emprendedores en fase de validación para o seu lanzamento no mercado con potencial de disrupción e altamente escalables que dispoñan dun MVP (Produto Mínimo Viable) ou estar constituídos legalmente como empresa que non tiveran facturación nin fixeran un levantamento de capital.

- Proxectos emprendedores que teñan un prototipo conceptual que permita a validación da solución con potenciais clientes

- Proxectos emprendedores enfocados no desenvolvemento e/ou fabricación de novos bens ou servizos para o mercado, utilizando coñecementos científicos ou tecnolóxicos de vangarda.

- Proxectos emprendedores innovadores baseados en nova tecnoloxía factible e crible, nova aplicación tecnolóxica, novo modelo de negocio ou un novo proceso. A madurez da tecnoloxía será referenciada xunto con calquera patente ou estratexia de IP asociada á solución.
 

Documentación.    

O estudante ou recén titulado deberá inscribirse na plataforma Santander X na convocatoria https://app.santanderx.com/calls/santander-x-award-proyectos-emprendedo…

Presentar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal ), a través da instancia xenérica (SXER), unha solicitude, poñendo no asunto “Premios SANTANDER X SPAIN AWARD 2026 – Proxecto emprendedor”.

 

O prazo para presentar as solicitudes será desde o 20 de marzo ata o 17 de abril de 2026.

Máis información:   Universidade de Vigo

Comments