Bolsas Formación en Cooperación Internacional
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publica as bases reguladoras e a convocatoria de 6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Requisitos das persoas solicitantes
Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter veciñanza administrativa en Galicia.
b) Estar en posesión dun título universitario oficial de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os ditos estudos no ano 2017 ou posterior.
c) Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación no eido da cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, excepto que nalgunha convocatoria anterior fose chamado da listaxe de reserva e desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a tres (3) meses.
d) Non ter emprego remunerado nin estar a percibir prestación por desemprego nin desfrutar doutra bolsa, calquera que sexa esta ou, no caso de encontrarse nalgunha destas situacións, presentar un compromiso expreso de renunciar a elas con anterioridade á incorporación á bolsa.
e) Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coas actividades formativas para as cales se convocan as bolsas.
f) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento PR809A).
O prazo para a presentación da solicitude: do 2 de abril ao 4 de maio de 2026.
Máis información: DOG 01/04/2026




Comments