Bolsa de Técnico De Igualdade no Concello de A Baña
É obxecto destas bases a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a contratación laboral temporal de Técnico/a de Igualdade de Xénero/ Axente de Igualdade de Xénero (Equivalente Grupo A2 no caso de persoal laboral) ao abeiro do programa de subvencións FOAI/2026 da Deputación da Coruña, cuxo obxecto é a asistencia económica ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes, contribuíndo ao financiamento de Técnicas/os de Igualdade de Xénero e Axentes de Igualdade de Xénero para a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade, e coordinación coa Deputación da Coruña no marco do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia de A Coruña.
Para poder participar no proceso selectivo será necesario reunir os seguintes requisitos xerais e específicos, que deberán reunirse na data na que remate o prazo de presentación de instancias e deberanse manter ata o momento da súa contratación ou nomeamento.
O prazo de inscrición é de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/01/2026_0000001907.html




Comments