CERTAME MATERIA BOSQUE VIII
A oitava edición de «Materia Bosque» abre a convocatoria para presentar obras audiovisuais que teñan como obxecto o bosque.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de abril. O formulario de inscrición e as bases da convocatoria poden consultarse na web de LABEA.
Admitiranse todo tipo de formatos audiovisuais (videodanza, videoarte, videoperformance, curtametraxe de ficción, experimental, documental, animación), que duren entre 1 e 10 minutos e que aborden a temática «materia bosque» (atmosfera, árbores, corpo bosque, selvas).
As dúas obras seleccionadas recibirán 700 €, e serán presentadas dentro do Programa Aberto 2026 de RCR Bunka Fundación, o 28 de xuño en Olot (Catalunya), en agosto durante o Festival Dansaneu no Val de Aneu (Catalunya), e en setembro en Navarra.
Máis información e inscricións: MATERIA BOSQUE




Comments