
Premios Mellor TFG Cátedra Aqualia Ciclo Integral da auga
Premios Mellor TFG Cátedra Aqualia Ciclo Integral da auga
A Cátedra Aqualia do Ciclo Integral da auga convoca a cuarta edición dos premios ao mellor Traballo Fin de Grao cuxa temática se atope enmarcada no ámbito do ciclo integral da auga.
Entre as temáticas inclúense:
-Depuración de augas con microalgas
-Rexeneración de augas con enerxía solar
-Aproveitamento enerxético das augas residuais
-Optimización enerxética no proceso de desalación e depuración de augas incluíndo enerxías renovables
-Potabilización de augas mediante enerxía solar
-Xestión intelixente do ciclo integral da auga
-Valorización dos residuos da auga residual
-Sistemas de control de calidade de aúgalas
-Economía circular
-Economía da auga
Calquera outra relacionada co ciclo integral da auga existen dúas categorías:
a) “Estudos científico-técnicos”
b) “Estudos no ámbito das ciencias sociais”
As solicitudes presentaranse mediante inscrición na web da Cátedra Aqualia do Ciclo Integral da auga.
O prazo de presentación será ata día 31 de marzo 2025.
Requisitos:
Poderán acceder a estes premios aquelas persoas matriculadas ou tituladas nunha universidade de España, que presentasen o seu Traballo Fin de Grao (TFG) no curso académico 2023-2024, en calquera centro docente pertencente ás universidades españolas.
Dotación:
A dotación dos premios, que será indivisible, será de douscentos cincuenta euros (250 €), xunto a un diploma acreditativo.
A aceptación do premio implica a autorización para a publicación do nome do premiado, título e resumo do traballo por parte da Cátedra.
Convoca: Qualia
Máis información:
info@catedraaqualia.eu
Comments