Subvencións de apoio a entidades sociais sen ánimo de lucro
De conformidade coas competencias atribuídas a este Concello polo art. 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local e en aplicación do art. 23 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, así como as normas de carácter regulamentario que a desenvolven (R.D. 887/2006), e da Ordenanza municipal de bases reguladoras xerais para a concesión de subvencións polo Concello da Coruña e os seus organismos autónomos (BOP nº 157 do 16.08.2024), convócanse as subvencións para actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade do Concello da Coruña para o exercicio 2026.
Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención (en diante, entidades). No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios/as, independente da súa porcentaxe na sociedade.
A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter a través do procedemento Subvenciones para a realización de actividades de carácter social, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001960.html




Comments