Ir o contido principal
VII edición dos premios ISABEL ZENDAL

VII edición dos premios ISABEL ZENDAL

A Universidade da Coruña por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico, convocan a VII edición dos premios ISABEL ZENDAL de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica.

O xénero literario será o artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de bulos que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o día 24 de abril de 2025 ás 14:00 h.

Establécense dúas categorías de participación:
- Categoría A: alumnado de 1.º a 3.º de ESO e FP básica
- Categoría B: alumnado de 4.º de ESO a 2.º de bacharelato e ciclos formativos de grao medio.

Tres premios por cada categoría
1º premio: 300 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
2º premio: 200 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
3º premio: 100 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.

Máis Información en divulgacion.vicd@udc.gal - Bases da convocatoria

Comments