
Concurso de fotografía de Galiciencia
O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2025 utilizando a temática de referencia desta edición: Neurociencia e Saúde mental
- O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
- As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
- Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
- Deberán de presentarse a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia a través do hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2025
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2025
3. Poñer un título á fotografía e o centro educativo ao que pertencen.
O prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 21 de abril do 2025
O premio será un Diploma e un obsequio para o gañador/a do concurso.
Comments