Ir o contido principal
participación social

Subvencións sen ánimo de lucro a asociacións veciñais para actividades no Concello Das Pontes De García Rodríguez durante o 2026

O Concello das Pontes de García Rodríguez quere pola presente convocatoria dar apoio ás Asociacións Veciñais e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

Poderán ser beneficiarias destas axudas unicamente as asociacións de veciños, legalmente constituídas e correctamente rexistradas no Rexistro de Asociacións de Galicia e no Rexistro de Asociacións Municipais do Concello das Pontes e que cumpran as condicións específicas.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e será dun mes ou ata o esgotamento do crédito.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/09/2026_0000002100.html

Comments