Ir o contido principal

Praza de Técnico de Normalización Linguística no Concello Da Baña

É obxecto destas bases a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a contratación laboral temporal de Técnico/a de Normalización Lingüística (Equivalente Grupo A1 no caso de persoal laboral) ao abeiro do programa de subvencións FONL/2026 da Deputación da Coruña, cuxo obxecto contribuír ao financiamento do persoal técnico de normalización lingüística, a través da axuda ás retribucións deste dentro do período comprendido entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

As persoas que cumpran as condicións xerais e específicas poden presentarse.

O prazo de presentación de solicitudes que será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/13/2026_0000002149.html

Comments