Praza de Técnico de Atención no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte no Concello Da Laracha
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal, a tempo completo baixo a modalidade de contrato laboral temporal por circunstancias da produción (Art. 15.2 1º parágrafo do Real Decreto Lexislativo 2/2015, TRLET), de 1 TÉCNICO/A PARA A ATENCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS DE AGUA DA COSTA DA MORTE DURANTE O ANO 2026 (TÉCNICO MEDIO A2).
As persoas que cumpran as condicións xerais e específicas poden presentarse.
As solicitudes para tomar parte no proceso dirixiranse a Sr. Alcalde deste Concello, e presentaranse na sede electrónica do Concello https://sede.alaracha.gal ou nalgún dos lugares previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/13/2026_0000002160.html




Comments