Convocadas axudas para programas de inmersión lingüística en inglés para alumnado de Primaria e ESO no curso 2026/2027
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocou 192 axudas dirixidas ao alumnado de 6º de Educación Primaria e 2º da ESO para participar nun programa de inmersión lingüística en lingua inglesa en España durante o curso 2026/2027.
- As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e distribúense en:
- 96 axudas para grupos de 6º de Primaria
- 96 axudas para grupos de 2º da ESO
- O programa desenvolverase en dous períodos:
- Outono de 2026
- Primavera de 2027
- Poderán participar grupos de alumnado de centros públicos e concertados.
- O financiamento total supera os 1,4 millóns de euros, cubrindo os gastos da actividade no centro de inmersión (agás o transporte).
- O prazo de presentación de solicitudes será de 25 días naturais, contados desde as 12:00 horas do día seguinte á publicación no BOE.
- As solicitudes deberán presentarse de maneira telemática a través da sede electrónica do Ministerio.
- Entre a documentación requirida destacan:
- Proxecto educativo do grupo
- Certificado de autorización do centro
- Documentación acreditativa en caso de centros de especial dificultade
🔗 Máis información e convocatoria completa:
- Base de Datos Nacional de Subvenciones: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/897203
- Boletín Oficial del Estado: https://www.boe.es




Comments