Ir o contido principal

Bolsa de emprego para Enxeñeiros de camiños, canles e portos no Concello de Fene

A presente convocatoria e bases teñen por obxecto o desenvolvemento dun proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes complementaria e preferente á aprobada mediante R.A. 826/2025 para o nomeamento como funcionario/a interino/a de postos/prazas de enxeñeiro/a de camiños, canles e portos (grupo: a, subgrupo: a1, escala de administración: especial, subescala: técnica) do Concello de Fene; mediante concurso.

Os requisitos para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/14/2026_0000002173.html

Comments