Convocadas as bolsas Culturex 2026-2027 para formación en xestión cultural no exterior
A iniciativa do Ministerio de Cultura ofrece prácticas en institucións culturais de prestixio e representacións diplomáticas
- Convocatoria:
O Ministerio de Cultura vén de convocar as bolsas Culturex correspondentes ao período 2026-2027, destinadas á formación práctica en xestión cultural no exterior. - Persoas destinatarias:
Mozas e mozos españois interesados en adquirir experiencia profesional no ámbito da xestión cultural. - Obxecto das bolsas:
Desenvolvemento de prácticas formativas en institucións culturais de recoñecido prestixio internacional e en representacións diplomáticas. - Bases reguladoras:
Establécense na Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, publicada no BOE número 275. - Dotación económica mensual:
- París: 2.700 €
- Nova York: 3.500 €
- Bos Aires e Cidade de México: 2.300 €
- Resto de destinos europeos: 2.500 €
- Cobertura:
Inclúe seguro de accidentes e asistencia médica primaria durante toda a duración da bolsa. - Prazo de solicitude:
Quince días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOE (15 de abril de 2026). - Presentación de solicitudes:
Exclusivamente a través da sede electrónica do Ministerio de Cultura, sendo necesario certificado dixital. - Máis información:
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 898500). BOE




Comments