Ir o contido principal
igualdade xénero

Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade de xénero da Deputación Da Coruña

O presente premio ten como obxecto promover a igualdade de xénero, combater a violencia machista e defender a diversidade sexual mediante o impulso de proxectos de impacto social que poñan en valor e fagan visible o papel das mulleres nos distintos ámbitos da sociedade —histórico, económico, laboral, deportivo, cultural, social, científico, educativo, tecnolóxico, político, sanitario e de coidados, audiovisual, rural e comunitario— desde unha perspectiva intersecional.

As condicións para participar poden consultarse nas bases en detalle, no enlace inferior.

O prazo de presentación de candidaturas determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/15/2026_0000002306.html

Comments