Ir o contido principal
Premio de fotografía Jalón Ángel

Premio de fotografía Jalón Ángel

O Arquivo Fotográfico Jalón Angel organiza o XI Premio Internacional de Fotografía.

Poderá participar calquera autor/a maior de idade cunha fotografía orixinal.
Un mesmo autor/a poderá presentar un máximo dunha fotografía por categoría.

Os traballos deberán pertencer a algunha das seguintes categorías:
Retrato: espontáneo ou pousado. O protagonista da imaxe pode ser unha soa persoa ou varias (retrato de grupo). Será unha imaxe centrada na persoa, non se admiten retratos de animais, ou fotografías de obxectos ou plantas.
Viaxes: fotografías que mostren as particularidades naturais, culturais ou as tradicións dun país (inclúe paisaxes urbanas ou naturais, pero non se centrarán na figura humana como elemento principal ou único).
Sociedade inclusiva: Fotografías que mostren a diversidade, a integración e a participación activa na sociedade de todas as persoas en igualdade de condicións, independentemente das súas capacidades, orixe, xénero, idade ou calquera outra condición. As imaxes deben destacar a igualdade de oportunidades e a eliminación de barreiras, promovendo unha comunidade onde todos sentan valorados e respectados.

As obras a concurso cumprirán as seguintes características:
Poderase realizar por calquera procedemento fotográfico, pero non se poderá usar Intelixencia Artificial en todo ou en parte da imaxe.
Enviarase en formato dixital. É requisito indispensable que a fotografía enviada teña as seguintes condicións técnicas: formato .jpg, 300 píxeles por polgada e 50 cms no seu lado longo. A fotografía terá polo menos 2 megas de peso e non máis 9 megas. Se non se cumpre este requisito dita fotografía quedará descartada para o premio.
Poderán ser en branco e negro ou en cor.
O retoque tanto químico como dixital será mínimo (luminosidade, contraste, balance de cor, balance de brancos, saturación) e non desvirtuará a toma orixinal. Se non se cumpre este requisito dita fotografía quedará descartada para o premio.
Non se admiten colaxes, montaxes, engadidos á imaxe, ou eliminacións de partes da toma.
As fotografías non terán ningún elemento (firma, logo, iniciais, marcos, gráficos…) que poidan servir para identificar o autor da imaxe. Se non se cumpre este requisito dita fotografía quedará descartada para o premio.

Para participar deberase acceder a través da seguinte ligazón http://www.jalonangel.com/premio/ e completar a ficha correspondente.

O prazo para a recepción das obras será o 26 de maio de 2025 ata as 17.59 horas (hora española na península).

Pemios:
Premio á mellor fotografía na categoría Retrato. Contía do premio: 1.500 euros, trofeo e diploma.
Premio á mellor fotografía na categoría de Viaxes. Contía do premio: 1.500 euros, trofeo e diploma.
Premio á mellor fotografía na categoría de Sociedade Inclusiva. Contía do premio: 1.500 euros, trofeo e diploma.

As persoas gañadoras dos premios daranse a coñecer o día 27 de xuño a través da web  http://www.jalonangel.com e das súas redes sociais.

https://www.jalonangel.com/premio 

Comments