
Creación Literaria "Pallars Sobirà" Pirineos
O Concurso de Creación Literaria "Pallars Sobirà" Pirineos, ten por obxetivo motivar á mocidade pola lectura e a creación literaria mediante o formato de relato curto.
Requisitos dos participantes: Mocidade de 18 a 29 anos, ambos inclusive.
O traballo presentado deberá reunir as seguintes condicións:
a) estar escrito en castelán ou catalán
b) ser orixinal e libre de dereitos editoriais
c) deberase ter en conta o seguinte:
- extensión entre 75 e 150 páxinas
- formato de envío PDF
- tamaño de folla A5 (cuartilla)
- fonte "Times New Roman", tamaño 12
- interlineado 1,15
d) Tema libre
Os orixinais enviaranse por email a:concurso.jlm@gmail.com. Asunto: CCLPSP 2025
Datos a incluír na portada:
- título
- pseudónimo
- código secreto de 8 díxitos
- ano de nacemento
Os traballos poderán ser entregados ata o 30 de xuño de 2025
O premio consiste en:
- 500 euros
- edición de 10 exemplares: deseño de portada, maquetación e impresión de 10 exemplares.
O segundo e terceiro clasificado recibirán un Certificado Acreditativo en formato dixital.
Máis información e bases en: https://www.joseluismeneses.com/concurso-ccl-ps
Comments