Tres prazas de peóns forestais no Concello Do Pino
Mediante decreto de alcaldía número 2026-0131, de data 17 de abril, aprobáronse a convocatoria e as Bases reguladoras para a provisión, polo sistema de selección de concurso oposición de tres (3) peóns/peoas forestais, persoal laboral temporal, mediante presentación de oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Consellería de Emprego, comercio e emigración.
As bases reguladoras pódense consultar no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do concello, https://opino.sedelectronica.gal/ e na páxina web https://opino.gal/.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/23/2026_0000002443.html




Comments