
Concurso de podcast escolar e universitario
RNE Audio organiza xunto a Eloquenze a V edición do Concurso de podcast escolar e o II universitario.
O concurso escolar está destinado a colexios e institutos de toda España, diferenciando por catro categorías:
- 1º, 2º e 3º de primaria
- 4º, 5º e 6º de primaria
- 1º, 2º e 3º da ESO
- 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato e FP.
As aulas terán que enviar un podcast cunha duración máxima de cinco minutos, elaborado en equipo. O formato debe ser en .mp3.
Esta edición ten como premios un ano gratis na plataforma Eloquenze.com e un ano gratuíto do software de edición Hindenburg.
No concurso universitario pódese participar en dúas categorías: individualmente ou en grupos de máximo cinco persoas. A duración máxima debe ser de 10 minutos. En canto aos premios: a gravación do podcast en directo e con público, nun lugar definido por RNE; un ano gratis na plataforma Eloquenze.com; e un ano gratuíto do software de edición Hindenburg.
O prazo para participar estará aberto ata o 5 de abril de 2025.
Comments