Ir o contido principal
Premio de Investigación a Teses Doutorais Iberoamericanas

Premio de Investigación a Teses Doutorais Iberoamericanas

A Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste abriu a convocatoria para a concesión do Premio de Investigación a Teses Doutorais Iberoamericanas que ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento dos traballos de investigación, fomentando á súa vez a reflexión e o intercambio de ideas das universitarias e os universitarios investigadores e profesionais sobre temáticas iberoamericanas e europeas.

O premio cobre o custo total da publicación da tese gañadora do Premio na colección de libros «Teses Doutorais” publicada pola Fundación Yuste. Ademais, ten unha dotación económica de 3.000 € para a persoa gañadora. En canto ao procedemento de concesión, é o de concorrencia competitiva.

Poderán optar a este premio de investigación as teses que aborden como temática as relacións entre España, Portugal ou Europa no seu conxunto con Iberoamérica e viceversa, desde unha perspectiva histórica, cultural, social, científica, económica ou desde calquera outro ámbito de estudo.

Os traballos de investigación que concorran ao Premio deben estar escritas en castelán, inglés ou portugués; ser lidas en Portugal, España ou en calquera país iberoamericano ou europeo; obter a máxima cualificación establecida e a normativa vixente no momento da súa lectura; ser lida nalgún dos dous anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria, e non ser publicada.

A solicitude, xunto coa documentación requirida e a tese en formato PDF, pode enviarse por correo electrónico a: tesisdoctorales@fundacionyuste.org ata o día 10 de febreiro

Máis información: Fundación Yuste

Resolución da convocatoria

Comments