Feira do Libro de Santiago de Compostela
Este sábado, co maio a florecer, agroma tamén a #FeiradoLibro de Santiago de Compostela, como todos os anos, na Alameda. E volve a cidade a encherse de actividades culturais, sinaturas e milleiros de portas a universos infinitos!
📅 Sábado 2 a domingo 10 de maio
📍 Paseo Central da Alameda
🕐 11:30 - 14 h | 17:30 - 21:00 h
Nove xornadas máxicas nas que Compostela se converte na capital da cultura e da literatura. Un espazo de celebración para achegar os libros a persoas grandes e pequenas, para fomentar a lectura e para descubrir as historias que nos emocionarán durante meses. Non faltes!
Participan este ano:
Libraría Agrasar Monforte - Ribeira Sacra
Casa Del Libro
Libraría Numax
Boadicea Malafera
Libraría Pedreira
Altamarea / Barlin Libros
Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis)
Con M De Mujer / Libros Indie / Ediciones Whitby
Edelvives
Libraría Cartabón
Boulevar Libraría Edicións
El Faro De Los Tres Mundos
Livraria Aenea
Lorca Libros
Ler Librerías Pobra do Caramiñal
Biblioteca Pública de Santiago - Ánxel Casal
Plasson e Bartleboom / Libros del KO
Astora Comics Santiago
A Gata Tola
Tes o programa completo xa accesible na https://www.librarias.org/gl/evento/EVE004994. Participa na festa dos libros!




Comments