Infancia, adolescencia e benestar dixital en Galicia
Unha aproximación dende a saúde, a convivencia e a responsabilidade social
Invitámoste á presentación da maior investigación a nivel mundial sobre o impacto da tecnoloxía na infancia e a adolescencia de Galicia.
A infancia e a adolescencia ten dereito a beneficiarse das oportunidades que supón o acceso á tecnoloxía, pero o uso desadaptativo das Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación (TRIC) pode afectar negativamente a súa calidade de vida, a súa saúde mental e a súa convivencia.
CANDO: o xoves 28 de maio, de 17:00 a 19:30h.
ONDE: no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC, Santiago de Compostela.
Previa inscrición ata completar aforo.
Este estudo contou coa participación de máis de 3.300 adolescentes de Galicia sendo os seus resultados unha fotografía moi precisa sobre como usan e como se relacionan a través das pantallas e os dispositivos electrónicos.
Poñeremos o foco na súa presenza en redes sociais, os videoxogos, o consumo de pornografía, o ciberacoso ou a violencia dixital na parella.
A presentación contará coa participación dos autores do estudo: UNICEF, a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñería en Informática, e Red.es que darán as claves para interpretar os datos e propostas de actuación para toda a sociedade, incluídas as AA.PP. e a industria tecnolóxica.
Esperámoste!
O xoves, 28 de maio, ás 17h poderás coñecer máis sobre o impacto das tecnoloxías na adolescencia en Galicia.
Inscríbete aquí para asistir de forma presencial na USC.




Comments