Ir o contido principal
Modo Verán Activo

SORTEO CAMPAÑA DE VERÁN 2026: 18 de maio ás 12:15 horas

O sorteo público terá lugar o día 18 de maio, ás 12.15 horas, na Sala no 9 do edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia (monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela).

Mediante o sorteo adxudicaranse as prazas de campamentos ofertadas a través da Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A), Diario Oficial de Galicia no 69, do 15 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 29 de abril de 2026.

O mesmo día do sorteo publicarase o resultado na páxina web xuventude.xunta.gal

O sorteo tamén dará lugar a unha lista de espera para cada unha das quendas de campamento e minicampamento e o número de reservas en cada quenda será do 50% das prazas convocadas.

As persoas adxudicatarias de praza no sorteo deberán achegar o xustificante de pagamento e a documentación sinalada no artigo 8 da orde de convocatoria no prazo comprendido entre o 19 e o 25 de maio de 2026, accedendo na sede electrónica á Carpeta cidadá da persoa interesada e, no seu expediente, empregar a opción de “documentación complementaria para a adxudicación”.

As vacantes que se produzan serán ofrecidas na fase de reservas ás persoas solicitantes que figuran nas listas de espera. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web www.xuventude.gal.

Comments