Ir o contido principal
monitor

A ETL Ludus abre a inscrición para o curso de Monitor/a de Tempo Libre en Lugo

A escola ETL Ludus organiza unha nova edición do curso de Monitor/a de Tempo Libre en Lugo, unha formación dirixida a persoas maiores de 18 anos interesadas no ámbito da educación non formal e o lecer educativo.

O curso desenvolverase en dúas quendas: do 6 ao 28 de xullo e do 3 ao 25 de agosto, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

A formación terá lugar na sede da escola, situada na rúa Poeta Noriega Varela, 30 baixo, en Lugo, e estará dirixida por Hugo Lozano.

Para participar é necesario ter máis de 18 anos e contar co título da ESO ou unha titulación superior.

O prezo do curso é de 300 euros, cun desconto de 20 euros para aquelas persoas que leven un amigo ou amiga.

Os prazos de inscrición permanecerán abertos ata o 1 de xullo para a quenda de xullo e ata o 29 de xullo para a quenda de agosto.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 804 773, no correo electrónico info@ludustempori.com ou na páxina web Ludus Tempori.

Comments