Bolsas para estudos de danza no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña
O obxecto das presente convocatoria é a concesión de bolsas de cursos de verán, para o perfeccionamento de estudos de danza do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza desta Deputación.
Poderá participar na presente convocatoria de bolsas o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña que queira realizar cursos de verán de danza, tanto en España como no estranxeiro no presente curso.
O prazo de presentación das solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria das bolsas no BOP da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións e remata o día 31 de maio de 2026 ás 14:00 horas.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/12/2026_0000002872.html




Comments