Ir o contido principal

Bolsa de emprego de auxiliar administrativo 2026 no Concello de Monfero

Estas bases teñen por obxecto regular o sistema de selección e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a provisión temporal de persoal (modalidade funcionarial ou laboral), mediante un procedemento áxil que respecte os principios de transparencia, igualdade, mérito, capacidade, celeridade e publicidade, na categoría profesional de AUXILIAR ADMINISTRATIVO, para atender as necesidades que teña o Concello desta clase de persoal para a prestación de distintos servizos municipais, tanto para a execución de programas temporais como para a realización de substitucións ou por circunstancias da produción (cobertura de vacantes, substitución transitoria dos titulares polo tempo indispensable, vacacións, execución de programas de carácter temporal, acumulación de tarefas e similares) durante o período da súa vixencia.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo, co modelo oficial ou normalizado que figura como anexo I destas bases, dirixiranse á Alcaldía da Corporación e presentaranse durante o prazo de OITO días HÁBILES, contados dende o seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/22/2026_0000003273.html

Comments