Ir o contido principal
CGAC PREMIO

IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca o IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea para o ano 2026 e establece as bases reguladoras polas que rexerá a súa concesión.

 Establécese un único premio de 3.000 €, impostos engadidos, que lle será outorgado á persoa que obteña a máxima puntuación de acordo cos criterios establecidos no artigo 13 destas bases.

Participantes e requisitos de participación

1. Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos orixinalmente en galego conforme a normativa vixente, en relación cos labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, sen participación de programas de intelixencia artificial. Quedarían polo tanto excluídas as traducións doutras linguas e redaccións mediante o uso ou a intervención de programas de intelixencia artificial.

2. Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais, que non poderán conter ilustracións, abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante e, polo tanto, que rompa o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.

4. Non poderán concorrer ao premio traballos que xa foran presentados nalgunha das edicións anteriores.

Artigo 6. Presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento CT143A)

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 27 de maio e finalizará o 18 de setembro de 2026.

Máis información:  DOG DO 26/05/2026


 

Comments