Ir o contido principal
Bolsas Fundación Universia_KPMG

Bolsas Fundación Universia_KPMG para universitarios con discapacidade en formacións IT

Fundación Universia convoca 5 bolsas, na súa 2ª edición as Bolsas Fundación Universia - KPMG de axudas ao estudo para estudantes universitarios con discapacidade en formacións IT.

Este programa ten a finalidade de fomentar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o propósito de KPMG de mellorar a calidade de vida das persoas e ao principio corporativo de ofrecer un exemplo de boas prácticas laborais e de dereitos humanos en todas as súas actividades empresariais así como o principio de igualdade de oportunidades a través dunha educación inclusiva.

Requisitos

1. Acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

2. Ser maior de idade.

3. Ter nacionalidade española ou ser residente en España.

4. Ser usuario na plataforma de Bolsas Santander e atoparse inscrito na convocatoria correspondente do Programa.

5. Estar matriculado durante o ano académico 2024-2025 en formacións universitarias de grao, máster ou doutoramento.

Dotación.

- 5 bolsas de 2.000 euros cada unha de axudas ao estudo para estudantes universitarios con discapacidade en formacións IT.

O prazo de solicitude finaliza o 7 de marzo de 2025.

Máis Información: Fundación Universia

Comments