Ir o contido principal

Castroverde abre tres procesos selectivos para contratar persoal no marco do programa Reforzo do Emprego 2026

O Concello de Castroverde publicou as bases de tres convocatorias de emprego temporal incluídas no programa Reforzo do Emprego 2026, financiado pola Deputación Provincial de Lugo.

As ofertas corresponden aos seguintes postos:

  • 1 praza de peón/oa de servizos diversos durante 5 meses.
  • 1 praza de peón/oa de servizos diversos durante 4 meses.
  • 2 prazas de peón/oa condutor/a durante 6 meses.

As bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno local o pasado 20 de maio de 2026 e as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude dirixida á Alcaldía do Concello de Castroverde.

O prazo de presentación será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro municipal ou a través de calquera dos medios previstos na normativa de procedemento administrativo común.

As bases completas das convocatorias poden consultarse no taboleiro de anuncios municipal, na web oficial do Concello e tamén na páxina da Deputación Provincial de Lugo.

Comments