Subvencións a Entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de competicións oficiais da Deputación da Coruña
As axudas económicas obxecto deste programa destinaranse a sufragar os gastos inherentes á organización de eventos deportivos de competicións oficiais na provincia da Coruña, polas entidades deportivas da provincia por encomenda da Federación correspondente fóra do prazo de solicitude das convocatorias de concorrencia competitiva (FO103A/2026 e FO103D/2026).
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de solicitude iniciarase ás 8:00 horas do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, e finalizará ás 14:00 horas do día 15 de novembro de 2026, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003486.html




Comments