Ir o contido principal
material escolar

Soutomaior convoca axudas para a adquisición de material escolar no curso 2026/2027

O Concello de Soutomaior abriu o prazo para solicitar as axudas municipais destinadas á adquisición de material escolar para o curso académico 2026/2027, unha iniciativa dirixida a apoiar economicamente ás familias e contribuír aos gastos derivados da escolarización.

Persoas destinatarias

Poderán beneficiarse destas axudas:

  • O alumnado matriculado en Educación Infantil, Primaria, Secundaria ou Bacharelato nos centros docentes do concello.
  • O alumnado empadroado en Soutomaior que curse Bacharelato, Formación Profesional (FP) ou PCPI noutros centros.

Requisitos principais

As persoas solicitantes deberán:

  • Ser pai, nai ou titor/a legal do alumnado.
  • Estar empadroadas no Concello de Soutomaior durante todo o curso escolar.
  • Convivir co alumnado para o que se solicita a axuda.
  • Cumprir os límites de renda establecidos na convocatoria.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non ter subvencións municipais pendentes de xustificación.

Límites de renda familiar

Unidade familiar - Máximo mensual - Máximo anual

2 membros              1.200 €                   14.400 €

3 membros              1.800 €                   21.600 €

4 membros              2.400 €                   28.800 €

5 membros              3.000 €                   36.000 €

Gastos subvencionables

As axudas cubrirán a adquisición de material escolar funxible necesario para o desenvolvemento das actividades educativas, entre eles:

  • Papel.
  • Lapis e bolígrafos.
  • Gomas de borrar.
  • Rotuladores e cores.
  • Cadernos.
  • Material de manualidades.
  • Libros de lectura obrigatoria.

Quedan excluídos expresamente os libros de texto.

Co obxectivo de impulsar o comercio local, o material deberá adquirirse en establecementos situados no Concello de Soutomaior.

Orzamento

A convocatoria conta cunha dotación económica total de 4.500 euros, con cargo ao orzamento municipal de 2026.

Prazo de solicitude

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Máis información

As bases completas poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións, na sede electrónica, na páxina web e nas redes sociais do Concello de Soutomaior.

Entidade convocante: Concello de Soutomaior.

Comments