
Bolsas do Banco de España para a ampliación de estudos, curso 2025-2026
Banco de España, co fin de fomentar a investigación e o estudo da economía, aprobou unha nova convocatoria para a concesión de ata 10 bolsas, cuxo obxecto é proporcionar axuda financeira para a ampliación de estudos en España e no estranxeiro durante o curso académico 2025-2026. Estas 10 bolsas destinaranse a financiar a obtención de titulacións de posgraduado oficiais en economía e en finanzas, así como na innovación tecnolóxica nestes campos. O centro de estudos, a titulación concreta (dentro das referidas) e a temática da mesma serán a elección da persoa estudante.
Estas axudas poderanse conceder para axudar a financiar dous cursos académicos, sempre que os estudos solicitados pola persoa aspirante así o requiran. En caso contrario, concederanse para un só curso académico.
As persoas beneficiarias da bolsa deberán coñecer suficientemente, a xuízo do Banco de España, o idioma do país onde vaian realizar os seus estudos e investigacións, de maneira que poidan aproveitar adecuadamente os correspondentes ensinos.
A solicitude de admisión deberá realizarse de maneira telemática, accedendo ao sitio web do Banco de España, desde onde se poderá descargar o formulario de solicitude de admisión.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 10 de febreiro de 2025 ás 14 horas (hora peninsular española).
Requisitos.
Poderán optar ás bolsas obxecto desta convocatoria todas as persoas españolas que vaian iniciar ou completar a ampliación de estudos no estranxeiro ou en España e que estean en posesión do título de licenciatura ou de grao universitario, ou doutro análogo, a xuízo do Banco de España. Admitiranse tamén solicitudes de alumnado matriculado no último curso da carreira. Nestes casos, a adxudicación da bolsa entenderase condicionada a que a persoa candidata ostente algunha das titulacións referidas o día 1 de setembro de 2025.
As persoas beneficiarias da bolsa deberán coñecer suficientemente, a xuízo do Banco de España, o idioma do país onde vaian realizar os seus estudos e investigacións, de maneira que poidan aproveitar adecuadamente os correspondentes ensinos.
Dotación.
a) Dereitos de inscrición e matrícula na correspondente universidade ou centro académico, que se abonarán previa xustificación dos mesmos.
b) Dotación anual (importes brutos):
29.000 dólares estadounidenses para os estudos realizados nos Estados Unidos de América.
18.500 libras esterlinas para os estudos realizados no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
21.500 euros para os estudos realizados en España e no resto dos países europeos.
O importe da bolsa abonarase ao longo do ano en dous pagos de idéntico importe. O primeiro pago farase efectivo unha vez iniciado o curso académico, a partir do mes de setembro, mentres que o segundo farase efectivo no mes de marzo.
Más Información: Bolsas Banco de España
Comments