Ir o contido principal
uvigo bolsas

Bolsas de práciticas na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo fai públicas as seguintes convocatorias de bolsas:

1- Convocatoria de bolsas para a realización de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes, para o curso 2025/26.

O obxecto desta convocatoria é desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa
empresarial de recente creación, de modo que poidan ver o emprendemento como unha oportunidade para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Persoas beneficiarias
Alumando que esta matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2025/26 na Universidade de Vigo.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 25 de maio ata o 11 de xuño de 2026.


2- Convocatoria de bolsas Alén do Miño para a realización de prácticas académicas externas no marco do programa Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, curso 2025/26.

O obxecto desta convocatoria é fomentar a formación transfronteiriza do estudantado da Universidade de Vigo, a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha entidade externa con sede en Portugal. As axudas están destinadas sufragar parte dos gastos ocasionados pola mobilidade desde o lugar habitual de residencia do estudantado que participe na convocatoria.

Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2025/26 da Universidade de Vigo.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 25 de maio ata o 18 de xuño de 2026.

Máis información:   Universidade de Vigo

Comments