
Bolsas Fulbright de ampliación de estudos en Estados Unidos_curso 2026/2027
As bolsas Fulbright Programa propio (Ampliación de estudios: Máster & Ph.D.) están destinadas a titulados superiores que estean interesados en cursar estudos de posgrado (programas de Máster ou Ph.D.) en universidades de Estados Unidos en calquera disciplina, entre o verán de 2026 e o outono de 2027, segundo o calendario académico da universidade de destino.
Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xaneiro de 2025 ao 15 de abril de 2025.
Requisitos.
_ Nacionalidade española.
_ Título superior obtido entre xaneiro de 2018 e setembro de 2025.
_ Excelente coñecemento do idioma inglés, demostrable mediante TOEFL iBT (puntuación mínima de 97 para todas as disciplinas excepto Xornalismo e Relacións Internacionais: 100); IELTS, Academic Version (puntuación mínima de 7); ou Duolingo (puntuación mínima de 125). Sempre realizados en data posterior ao 1 de xaneiro de 2023.
_ Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/o a presentación dos resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT).
Duración. De 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.
Dotación.
_ Viaxe de ida e volta e gastos varios de primeira instalación: $1.300. No caso de que o bolseiro asista a un curso preacadémico: $1.600.
_ Asignación mensual de entre $2.830 e $4.300.
_ Gastos de matrícula e taxas obrigatorias ata un máximo de $35.000 anuais para programas de máis de 12 meses e ata un máximo de $40.000 para programas dun máximo de 12 meses de duración
_ Seguro médico e de accidentes.
Máis información: Fulbright España programa propio
Comments