Axudas municipais a material escolar para familias de alumnado en ensinanzas obrigatorias no Concello de Ribeira
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de axudas ás familias dos alumnos/as de centros docentes públicos e concertados, de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, con domicilio en Ribeira durante o curso escolar 2026/2027, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña.
Máis información aquí: https://traductor.dacoruna.gal/fron-trad/urlTranslate.php?direccion3=es-gl&inurl=https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/02/2026_0000003563.html




Comments