CURSOS VERÁN UDC
Cursos de verán 2026
Xuño
- Modelado 3D con SIEMENS NX.
- 10, 11 e 12 de xuño. Módulo 1: Obradoiro nivel básico
- 15, 16 e 17 de xuño. Módulo 2: Obradoiro nivel intermedio
-
25 e 26 de xuño. Horizonte azul: turismo mariñeiro, patrimonio marítimo e innovación social
Xullo
- Do 6 até o 10 de xullo. A acción na Unión Europea na transición ecolóxica e dixital dos mares e os océanos (5ª Ed.)
- Do 6 até o 9 de xullo. Emprender no sector turístico na Mariña Lucense
- 7 e 8 de xullo. XIX Curso de verán sobre dinamización lingüística. Lingua e memoria democrática: a quimera da normalización
- Do 13 até o 17 de xullo. Estratexias de rexeneración de vilas asoladas polos incendios do verán de 2025. O caso de Vilamarín de Valdeorras.
- Do 13 até o 17 de xullo. Simulación numérica en aplicacións hidrodinámicas en enxeñaría naval con OPENFOAM
- Do 16 até o 24 de xullo. Arte urbana comunitaria na Galiza: accións colectivas, territorio e mediación cultural
- Iniciación ao modelado de instalacións en edificación. Fluxo OpenBIM: Revit+CYPe.
- 16, 17 e 20 de xullo. Modelado con Revit arquitectura
- 21, 22 e 23 de xullo. Modelado de instalacións con CYPE
- Do 27 até o 31 de xullo. Unha capela no Camiño de Santiago. Como proxectar arquitectura relixiosa no século XXI
A Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte disporá de catro prazas por curso destinadas á concesión de bolsas de matrícula gratuíta para estudantado da UDC con credencial de bolseiro ou bolseira no actual curso académico, concedendo un máximo dunha bolsa por estudante.
O prazo para solicitar estas axudas permanecerá aberto ata o día 15 de xuño de 2026, agás nos cursos cun prazo de matrícula anterior.
mÁIS INFORMACIÓN: https://www.udc.es/gl/occ/actividades/cursos-de-veran-00001/




Comments