Ir o contido principal

O Concello de Chandrexa de Queixa convoca unha praza de auxiliar administrativo/a

O Concello de Chandrexa de Queixa abriu o proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de auxiliar administrativo/a mediante o sistema de concurso-oposición.

Datos da convocatoria:

• Posto convocado: 1 praza de auxiliar administrativo/a.
• Sistema de selección: concurso-oposición.
• Obxecto: cobertura dunha praza vacante no Concello de Chandrexa de Queixa.

Presentación de solicitudes:

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Máis información:

As bases reguladoras da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Chandrexa de Queixa e no seu taboleiro de anuncios.

Os sucesivos anuncios relacionados co proceso selectivo publicaranse na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios.

BOP

Comments