Ir o contido principal

O Concello da Veiga convoca unha praza de persoal técnico de inclusión laboral e transición ao emprego

O Concello da Veiga abriu o proceso selectivo para a contratación temporal dunha persoa técnica de inclusión laboral e transición ao emprego, destinada á execución da actuación “Persoas sen fogar – Inclusión sociolaboral e transición ao emprego: Programa dirixido a persoas sen fogar IIB”, financiada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Datos da convocatoria:

• Número de prazas: 1.
• Posto convocado: persoal técnico de inclusión laboral e transición ao emprego.
• Modalidade de contratación: laboral temporal vinculada á execución do programa subvencionado.
• Xornada: completa.
• Duración: ata a finalización da actuación subvencionada (30 de abril de 2027).
• Sistema de selección: concurso de méritos.

Presentación de solicitudes:

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello da Veiga, no Rexistro Municipal ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente.

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Máis información:

As bases reguladoras e o anuncio da convocatoria están dispoñibles no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica municipal.

Comments